viernes, 14 de enero de 2011

DNI Electrónico en GNU/Linux Ubuntu

Esta é unha guía para por a funcionar o DNIe en sistemas baseados en Ubuntu. En concreto probeino en Galinux 9.10 e Trisquel Awen 3.5 (ambos baseados en Ubuntu 9.10 Karmic Koala de 32bits).

A maioría dos tutoriales que encontrei son de cando non existía software DNIe para Karmic e tíñase que empregar o software de Jaunty Jakalope. Agora xa hai software para Karmic. Funcionoume cos dous.

Básicamente hai que dar tres pasos:
  1. Instalar o software do lector
  2. Instalar o software do DNI Electrónico
  3. Configurar o navegador Web Mozilla Firefox (ou baseado nel)

Paso1
Enlace
Instalamos por este orden:
  1. libopensc2_0.11.7-7_i386.deb
  2. opensc_0.11.7-7_i386.deb
Estes paquetes están en http://www.dnielectronico.es/descargas/PKCS11_para_Sistemas_Unix/1.4.6.Ubuntu_Jaunty_32/Ubuntu_Jaunty_opensc-dnie_1.4.6-2_i386.deb.tar

Agora hai que indicar ó Synaptic que bloquee estes paquetes para que non se actualicen, senon deixará de funcionar.



Paso2

Instalamos:
  • opensc-dnie_1.4.7-1_i386.deb
Este paquete está en http://www.dnielectronico.es/descargas/PKCS11_para_Sistemas_Unix/1.4.7.Ubuntu_Karmic_32/Ubuntu_Karmic_opensc-dnie_1.4.7-2_i386.tar

Nota: nun dos sistemas tiven que engadir os seguintes paquetes para que funcionara todo:
  • pcscd
  • pcsc-tools (creo que esto solo é necesario se queremos usar o comando de consola 'pcsc_scan' para verificar o funcionamento do lector)
Agora podemos facer unhas comprobacións executando nunha consola 'pcsc_scan':
  • conectamos o lector ó PC e debe aparecer a súa identificación na consola
  • introducimos o DNIe no lector e debe aparecer a súa identificación na consola



Paso3
  • Executamos 'Aplicacións > Ofimática > Rexistrar módulo DNIe PKCS#11'.
  • Comprobamos que se instalou o certificado no navegador Web en 'Editar > Preferencias > Opcións avanzadas > Cifrado > Ver certificados > Autoridares > DIRECCION GENERAL DE LA POLICIA'.
  • Instalamos o dispositivo de seguridad no navegador Web en 'Editar > Preferencias > Opcións avanzadas > Cifrado > Dispositivos de seguranza > Cargar'. Indicamos como nome "DNIe PKCS#11", e como ruta '/usr/lib/opensc-pkcs11.so'.
  • Reiniciamos o navegador Web e volvemos a 'Dispositivos de seguranza' para comprobar que agora un dos 'Virtual Slot' aparece como 'DNI electrónico (PIN1)' ó meter o DNIe no lector. Se pinchamos nel pediranos o PIN que nos entregaron na policía.
  • Agora xa podemos usar o DNIe para identificarnos nas Web que o implementen. Esta páxina é so para verificar que a identificación co navegador Web funciona: http://www.dnielectronico.es/como_utilizar_el_dnie/verificar.html


Tutoriais:
  • http://nauj27.com/blog/2009/11/17/dnie-en-ubuntu-9-10-karmic-koala/
  • http://bitelia.com/2009/12/como-instalar-un-lector-de-dnie-en-ubuntu-9-10
  • http://monkiki.wordpress.com/2010/02/09/instalacion-y-uso-del-dni-electronico-en-ubuntu/
  • http://www.agnix.org/?q=node/2493



Utilidades: