Eu tiña todo o sistema de ficheiros de GNU nunha única partición, pero dinme conta de que iso non era boa idea porque ó restaurar unha imaxe de sistema feita con Clonezilla ¡perdería tódolos datos de /home!. Así que dispúxeme a reducir a partición de / e facer unha nova para o /home no espacio liberado.
arrancar con usb live e:
- reducir a partición do sistema e crear unha nova para o 'home' (p.e. co editor de particións 'gparted' )
- acceder ó sistema de ficheiros do DD
- renomear /home a /home_old
- crear o directorio /home
- montar a partición en /home (fstab + mount...)
- copiar todo o contido de /home_old a /home
Se tes as ideas claras sobre como funciona o sistema de ficheiros de GNU é sinxelo pero as posibilidades de liala son altas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario