jueves, 4 de marzo de 2010

Mover /home a outra partición

Eu tiña todo o sistema de ficheiros de GNU nunha única partición, pero dinme conta de que iso non era boa idea porque ó restaurar unha imaxe de sistema feita con Clonezilla ¡perdería tódolos datos de /home!. Así que dispúxeme a reducir a partición de / e facer unha nova para o /home no espacio liberado.

arrancar con usb live e:
  • reducir a partición do sistema e crear unha nova para o 'home' (p.e. co editor de particións 'gparted' )
  • acceder ó sistema de ficheiros do DD
  • renomear /home a /home_old
  • crear o directorio /home
  • montar a partición en /home (fstab + mount...)
  • copiar todo o contido de /home_old a /home
Se tes as ideas claras sobre como funciona o sistema de ficheiros de GNU é sinxelo pero as posibilidades de liala son altas.

No hay comentarios: